21 de marzo de 2010

decretazo

unha vez publicado o borrador do decreto do galego seguimos a estar disconformes co que din e neste artigo manolo rivas manifesta con exactitude a miña opinion sobre o que estan a facer os nosos gobernantes que como pouco saben tanto de educación coma eu de fontanería NADA.Deixen de tomarnos o pelo e dediquense a tomalo cafe a media maña que xa nos gobernamos nos perfectamente.O día q de verdade queiran gobernarnos estamos dispostos a recibilos nas nosas aulas para que vexan a realidade e o que realmente necesitamos en educación e daranse conta de que a lingua na que nos expresemos é o menor dos nosos problemas hoxe en dia no noso traballo.colguen as suas gravatas e traxes bonitos e pasense polas nosas aulas frías, con nenos con moitas dificultades para aprender e que non teñen ningunha clase de apoio debido a reduccion de persoal nos centros, veñan tamen a limpar mocos, solucionar conflictos entre os rapaces, integrar a aqueles nenos e nenas que veñen doutros paises...estaria encantada de ensinarlles todas esas cousas que si supoñen un problema para nos non a lingua na que debemos falar nas nosas clases.

19 de marzo de 2010

videos sociais de diferentes temáticas





unha historia para pensar

saudos a todos e todas dende o cole quero compartir con vos unha historia sobre as diferenzas da q deberiamos aprender todos e reflexionar sobre o noso comportamento cara aos demais.Khlio

En que animal che gustaria convertirte



ola de novo supoño q esta é unha dificil decisión por iso non fai falla elexir un animal nada mais o mellor é escoller unha cousa de aqueles q mais nos gustan orellas de elefante para poder escoitar mellor, ás de bolboreta para poder voar...aqui vos deixo un enlace a unha páxina q nos pode servir para practicar vocabulario relacionado coas partes do corpo e os animais.saudos vemonos polo cole.Khlio

10 de marzo de 2010

continuamos coas actividades do conto

find the animal

tratamento de imaxes

con esta web podemos baleirar as cores de todos aqueles debuxos, fotos...que necesitemos para traballar

contos


ola a tod@s estou traballando nun conto que me gustaria en breve presentarlle aos meus rapaces de infantil e primeiro ciclo irei colgando todos aqueles materiais e actividades q podemos ir facendo con el.saudos a todos vémonos no cole ;)