21 de marzo de 2010

decretazo

unha vez publicado o borrador do decreto do galego seguimos a estar disconformes co que din e neste artigo manolo rivas manifesta con exactitude a miña opinion sobre o que estan a facer os nosos gobernantes que como pouco saben tanto de educación coma eu de fontanería NADA.Deixen de tomarnos o pelo e dediquense a tomalo cafe a media maña que xa nos gobernamos nos perfectamente.O día q de verdade queiran gobernarnos estamos dispostos a recibilos nas nosas aulas para que vexan a realidade e o que realmente necesitamos en educación e daranse conta de que a lingua na que nos expresemos é o menor dos nosos problemas hoxe en dia no noso traballo.colguen as suas gravatas e traxes bonitos e pasense polas nosas aulas frías, con nenos con moitas dificultades para aprender e que non teñen ningunha clase de apoio debido a reduccion de persoal nos centros, veñan tamen a limpar mocos, solucionar conflictos entre os rapaces, integrar a aqueles nenos e nenas que veñen doutros paises...estaria encantada de ensinarlles todas esas cousas que si supoñen un problema para nos non a lingua na que debemos falar nas nosas clases.

No hay comentarios:

Publicar un comentario